Ampliada ata os 920.000 € a orde de axudas á prevención de danos causados polo lobo

Imaxe dun lobo_PIXABAY

Deste xeito poderase atender ás máis de 900 solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de 2021 que cumpren cos requisitos establecidos nas bases.

Co crédito consignado inicialmente, 300.000 euros, só se podía facer fronte a un terzo delas, quedando o resto de posibles beneficiarios sen poder percibir estas axudas por insuficiencia de crédito orzamentario.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fai con esta ampliación un esforzo orzamentario aos efectos de que ningún solicitante que cumpra os requisitos quede sen subvención nun escenario que, desde hai tres semanas, se presenta incerto e inseguro xuridicamente, a raíz da publicación no da Orde ministerial do Goberno central que eleva o status legal de protección da especie mediante a súa inclusión na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe).

Segundo os datos provisionais da Consellería, no período que contempla a orde —desde o 1 de outubro de 2020— producíronse en Galicia preto de 1.200 avisos por danos de lobo e máis de 2.000 reses se viron afectadas.