Ampliado en 5 prazas máis o programa Xantar na Casa en Coristanco

1 minutes read

A Xunta de Galicia amplía en 5 prazas máis o programa Xantar na Casa en Coristanco para chegar ata un máximo de 15 beneficiarios, entre maiores que viven sós, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Juan Carlos García Pose, asinaron este luns o novo convenio de colaboración para ampliar o número de usuarios deste programa.

Perfecto Rodríguez sinalou que este incremento de prazas evidencia á boa acollida que está a ter este servizo e que se trata de dar resposta á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártese nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Aos usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?