0
O 112 Emerxencias Galicia pasaba unha alerta minutos antes das dúas da tarde deste xoves. Unha persoa pedía auxilio desde un segundo piso situado no número sete da rúa Reus en Carballo. Os primeiros medios en acudir foron unha parella dunha patrulla da Policía Local, que ante a imposibilidade de acceder á vivenda coordinouse a intervención dos Bombeiros de Carballo cun camión escaleira para poder acceder á mesma. No interior atopáronse cunha señora de avanzada idade (86 anos) con mobilidade reducida por mor dunha fractura nunha perna, que foi atendida polos servizos sanitarios desprazados ao lugar e evacuada en ambulancia. No operativo tamén participou unha patrulla da Garda Civil de Carballo.