Amplo programa cultural e de actividades no outono de Muxía

Olalla Benlloch.

Muxía presentou, a través da concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, o amplo programa cultural da vila para este outono.

A Sala do Voluntariado de Muxía será o recinto que acollerá este compendio de actividades que darán comezo o vindeiro 8 de outubro e rematarán o 10 de decembro.

As funcións destinadas para público familiar levaranse a cabo ás 18.00 horas e serán de balde. Namentres, as destinadas a público adulto celebraranse ás 20.00 horas e custarán 1 euro, que se pagará no despacho de billetes que permanecerá aberto desde media hora antes de cada actuación.

Tras a presentación, Benlloch puxo en valor “esta programación cultural outonal que ofrece a toda a veciñanza unha oportunidade de gozar da vila e pasar un rato agradable en familia”.