AMTEGA extenderá a banda larga ó concello de A Laracha durante o ano 2020-2021

1 minutes read
  • A fibra óptica chegará ás principais entidades de poboación do municipio

Representantes da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) comunicaronlle ao alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, as actuacións previstas no municipio para o despregamento da banda larga de nova xeración.

AMTEGA informou que no período 2020-2021 están previstas actuacións nas trece parroquias do termo municipal da Laracha que suporán a chegada da fibra óptica aos principais núcleos de poboación, posibilitando así o acceso a internet a velocidade ultrarrápida.

O Concello mostra a súa satisfacción por esta nova, xa que o acceso de calidade a internet é un elemento necesario non só para o ocio, acceso á información ou realización de trámites persoais, senón que tamén é fundamental para fixar poboación e abrir novas oportunidades de emprego e autoemprego para as persoas emprendedoras.