O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, propuxo a xuíza conservadora Amy Coney Barret para o Tribunal Supremo. «Unha das mentes legais máis brillantes e talentosas», en palabras do máximo mandatario desde a Rosaleda da Casa Blanca. Barret é nai de sete fillos, dous deles adoptados en Haití e un con síndrome de Down. A xuíza proposta promete ter presente o legado da falecida hai unhas semanas, Ruth Bader Ginsburg, a quen gabou por romper «os teitos de cristal» impostos ás mulleres e que «gañou a admiración das mulleres de todo o país».