Ana Julia Quezada recoñece que matou ao pequeno Gabriel


A segunda xornada do xuízo pola morte do pequeno Gabriel Cruz comezou na Audiencia de Almería coa declaración da única acusada, Ana Julia Quezada, que se declarou inocente e declinou responder á acusación particular.

Ao preguntarlle a fiscala sobre se matou o neno, Quezada contestou cun imperceptible si.
Sobre o ocorrido o día do crime, Ana Julia Quezada asegura que o neno colleu unha machada e que a insultou, e que cando intentou pola forza que o pequeno calase asfixouno sen querer.

Ao preguntarlle pola camiseta do neno que ela colocou lonxe do lugar do crime, Quezada dixo que quería provocar a súa detención.

A acusada asegurou que o día da súa detención tiña intención de suicidarse, despois de confesarlles por carta o crime á súa filla e á súa parella, aos que lles pedía perdón.