Ana Peleteiro destacou no seu regreso á competición cun bronce en triplo salto

A atleta galega Ana Peleteiro conseguiu a medalla de bronce en triplo salto, no Mundial de atletismo en pista cuberta de Glasgow 2024, tras unha marca de 14.75 metros tras a súa volta a unha cita internacional logo de ser nai. Ademais, a española conseguía tamén a mínima olímpica de triplo salto, que estaba en 14.55 m, para ir aos Xogos de París 2024.

«O meu soño é volver gañar unha medalla e que a miña filla estea na bancada e creo que cada día estou máis preto de conseguilo», dicía a atleta hai uns días e non se equivocaba. Agora, xusto cinco anos despois, Ana Peleteiro cólgase este bronce con moito significado e que, como se mencionaba, fixa o seu próximo obxectivo nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha