Tokyo 2020 | Ana Peleteiro | Primeira medalla olímpica para o atletismo galego


Ana Peleteiro logrou este domingo a medalla de bronce cun mellor salto de 14,87 metros, nunha proba na que a portuguesa Patricia Mamona conseguiu a medalla de prata e a venezolana Yulimar Rojas, medalla de ouro con 15,67 m., nova marca olímpica e mundial. Grazas ao seu quinto salto de 14,87 m. Peleteiro fixo a mellor marca española de todos os tempos, a catorce centímetros da prata, nunha proba na que bateu en dúas ocasións a súa propia marca persoal. A atleta galega recibiu os parabéns da Casa Real, ademais dos do Presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, e do da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A voceira do BNG, Ana Pontón, e o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén loaron os logros da deportista.