- A chuvia obrigou a trasladar o mitin que o BNG ía dar no paseo marítimo das Xuvias.
A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, pediu desde Narón unha “gran mobilización” para pasar páxina da década de “decadencia” do Goberno Feixóo e abrir un tempo novo cun goberno liderado polo BNG, “que se faga valer e que teña como único obxectivo a defensa do país e deste pobo”. “Ou cambio galego con BNG, ou inmobilismo do PP”, sentenciou.
“Aquí en Narón sabedes ben dos problemas da desertización industrial e da perda de empresas, – todas temos ben presente POLYGAL – temos ben presente a crise do naval, a das electrointensivas, a perda imparable de pulso industrial, e polo tanto de pulso económico e de emprego. Non vou enganar a ninguén, non vou dicir que haxa solucións máxicas para darlle a volta a esta situación dun día para outro, porque once anos de desfeita do PP fixeron moito dano”, salientou.
“Pero o máis importante de todo e que Galiza teña despois do 12X un goberno que confíe no país, e iso só posible baixo o liderado do BNG, só é posible se nós mobilizamos para facer historia e, por primeira vez, Galiza ten unha muller nacionalista como presidenta”, concluíu.