Ana Pontón acude a un acto público do BNG en Carballo

Este luns 15 de abril as 20:30 horas no Pazo da Cultura de Carballo terá lugar a presentación da candidatura ao completo da lista do BNG local as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. Baixo o lema «O mellor está por vir» Adiante Carballo!, Evencio Ferrero intentará convencer a veciñanza para poder contar 4 anos máis coa sua confianza. A maiores do apoio a candidatura de Carballo, como xa estamos en campaña das Xerais, intervendrá a portavoz nacional do BNG Ana Pontón. Cae do cartel por cuestións de axenda, Néstor Rego, que será substituído polo tamén candidato ao Congreso dos Deputados Xoán Sande Muñíz.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha