Dentro do ciclo “Parlamento aberto”, organizado polo BNG, o que asistiron profesionais do sector sanitario, a portavoz nacional, Ana Pontón, acusou a Feijóo de “imprudencia temeraria” por continuar recortando persoal e recursos sanitarios “en plena pandemia”. Neste sentido, indicou que estamos vivindo “un incremento de casos preocupante” e non podemos confiarnos nin baixar a garda. Pontón criticou que o goberno do PP non utilice os fondos extraordinarios do Estado español e da Unión europea para “fortalecer á sanidade pública” destinando só unha parte residual. Nos orzamentos para o ano 2022, só un 12%, que nos coloca na cola de todo o estado e non só nos aproximamos ao 25% recomendado en todos os estudos, senón que “nos afastamos desta cifra”. A portavoz nacionalista tamén aludiu á elevada carga de traballo do persoal sanitario coa 3ª dose da COVID e a vacina da gripe que fai necesario o mantemento do 100% do persoal contratado durante a pandemia porque si falla a Atención Primaria, “o fallo esténdese a todo o sistema”, concluíu.
27