Ana Pontón acusa a Feijóo de ter Galiza como “segundo prato”

1 minutes read

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclámalle a Feijóo que “non alongue máis” o proceso de sucesión, “porque Galiza non pode estar até xuño cun goberno sen cabeza no medio dunha crise económica que a escala de prezos non fixo máis que agudizar, un contexto que require un goberno ó 100% e non un goberno paralizado. As loitas internas polo poder non as poden pagar os galegos e as galegas”, incidiu.

“Levamos dous meses cun Goberno e cun presidente que ten como prioridades tapar a corrupción do seu partido, xustificar os seus pactos coa extrema dereita e calmar as augas internas do PPdeG, onde quere deixar todo atado e ben atado. Pero Galiza non pode ser o segundo prato, poñendo os intereses partidistas do PP por diante dos intereses dos galegos e das galegas”, denunciou a líder do BNG, Ana Pontón.