Ana Pontón afea a “pouca ambición” de Feijóo para os proxectos ante Europa


Poucas ideas e pouca ambición de país é a valoración inicial da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en relación ás propostas avanzadas polo Executivo de Feijóo para captar recursos do fondo COVID europeo e, ademais, sen atreverse nin a fixar unha contía mínima a conseguir para Galicia.

“Vemos que nin se quere concretar a cifra mínima á que debe aspirar Galicia dun fondo que suma 140.000 millóns de euros para o Estado español, o que contrasta co que están facendo os gobernos doutros territorios como Euskadi que xa puxo sobre a mesa proxectos por valor de 13.000 millóns de euros e considera que non deben recibir menos”, argumentou Pontón, quen advertiu contra o prexuízo que supón que o Goberno de Feijóo “avale a estratexia de centralización de reparto dos fondos”.