Ana Pontón afirma que reforzará o Servizo de Axuda no Fogar con 86 M€

1 minutes read

A portavoz nacional e candidata do BNG, Ana Pontón, comprometeuse como presidenta a reforzar o Servizo de Atención no Fogar (SAF), incrementando a súa financiación con 86 millóns de euros para mellorar a súa calidade e que chegue a máis familias. Unha promesa que se enmarca na súa determinación de liderar un goberno “que poña ás persoas no centro e dea prioridade aos coidados, en particular das persoas maiores, que teñen todo o dereito a unha vellez digna”.

Non aceptamos o modelo do PP, dixo Pontón, «que, ou ben permite facer negocio co coidado das persoas maiores ou ben descarga o peso deses coidados sobre as mulleres”. Fronte a ese modelo, para o BNG os coidados pasan por ter servizos públicos de calidade, cunha rede pública “sólida e ben financiada” que permita que as persoas maiores “poidan estar na súa casa e ben coidadas”. “Esta será unha prioridade de País para o Goberno que eu presida”, garantiu.