Ana Pontón apoia a candidatura de Juan Blanco á alcaldía de Mazaricos


A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Mazaricos no acto de presentación das persoas que encabezarán as candidaturas do BNG na comarca de Muros-Noia, e particularmente apoiou a Juan Blanco, actual alcalde de Mazaricos, que volve liderar a candidatura do BNG o 28M, e ao que puxo como exemplo do que pode facer o BNG cando lidera os gobernos municipais.

“Noraboa a todos e a todas, sei que ides a por todas nestas eleccións municipais, sei que non vós poñedes limites á hora de defender os vosos concellos e os intereses dos vosos veciños e veciñas, e sei que co voso esforzo o BNG vai obter un resultado histórico en Muros, Outes, Noia, Lousame, Porto do Son e que revalidaremos con máis forza o goberno de Mazaricos”, proclamou a líder nacionalista.