O BNG presentou este venres no Pazo da Cultura de Carballo a candidatura de Evencio Ferrero Rodríguez como candidato á reelección á alcaldía da vila. No acto, ateigado de público, Ferrero presumiu de equipo, do traballo feito e dos novos proxectos que se esperan para o municipio nos próximos catro anos. Animou aos presentes a seguir traballando. “Non vos cansedes que aínda hai moito por facer”, procamou.
Evencio Ferrero estivo acompañado na súa presentación por Xurxo Souto, pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e pola concelleira Maruxa Suárez, quen contou anécdotas sobre o candidato e dixo sentirse orgullosa de formar parte do seu equipo, lucindo unha camiseta co lema “Para equipo, o noso” e concluíu: “Evencio Forever”.
Ana Pontón, chegou a declararse “emocionada e orgullosa” do que calificiou como “o mellor alcalde que nunca tivo o concello, e que por iso seguirá contando co apoio da inmensa maioría da veciñanza tras o 28M”. destacando de Evencio “o seu amor polo concello, o seu liderado e a súa calidade humana.”
“Se cun Goberno do PP á contra na Xunta o BNG logrou facer de Carballo un referente, imaxinade o que poderá facer Evencio e todo o seu equipo cando teñan un goberno da Xunta a favor, liderado polo BNG”, concluíu