35
Ana Pontón, tras unha reunión de traballo cos cabezas de lista da formación, Xosé Luís Rivas (A Coruña), Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra), proclamou que só hai dúas alternativas, ou cambio galego da man do BNG ou a lenta decadencia que representa o PP, en definitiva, catro anos de “máis do mesmo”. “Por un lado está a Galiza gris, submisa e decadente do candidato do PP e por outro o país que representa o BNG, unha nova Galiza que se faga valer, cun proxecto de modernización, de igualdade e de xustiza social. Eses son os dous modelos: ou lenta decadencia ou cambio galego que representa o Bloque”.