Ana Pontón augura un resultado histórico o 28M

1 minutes read

A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou no encontro inteparlamentar con candidatos e candidatas en Santiago que o BNG vai ter un resultado “histórico” na cita electoral municipal porque, tras meses percorrendo concellos ao longo e ancho do País, percibe que a corrente de apoio ao Bloque non fai máis que medrar. Bota man do aval que supoñen os concellos gobernados polo Bloque en base a un modelo municipal de éxito, “que funciona e que se ten convertido nun referente dentro e fora de Galiza porque pensamos os nosos concellos en grande”, recalcou, modelo que sintetizou en catro claves: confianza no País, proxecto de vangarda, eficacia na xestión e democracia participativa da cidadanía. Pontón criticou que os que agora veñen de xira electoral son os mesmos que queren converter este País nunha colonia enerxética de Madrid. Tamén puxo en valor o capital humano cun recoñecemento expreso aos 4.500 homes e mulleres que compoñen as 265 listas presentadas, unha cifra record que lle vai permitir ao 98% dos galegos e das galegas ter unha candidatura do BNG na próxima cita coas urnas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?