33
A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou a axenda de temas urxentes que remitirá ó presidente da Xunta con catro grandes asuntos que o BNG entende deben abordarse de inmediato: escalada de prezos, colapso da atención primaria, mudar cara a xestión pública o modelo de residencias e reconducir a estratexia eólica en beneficio do País superando o actual enfoque “depredador e especulativo”. Son as cuestións que integran a axenda de temas urxentes para o BNG, que fará chegar ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a través dun documento que tamén será rexistrado no Parlamento.