A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo un encontro cos traballadores e traballadoras de Noa Madera (Fene) na que están en risco 150 empregos, o que situaría á factoría ao borde da desaparición sumándose á longa lista de empresas en crise dentro dun sector industrial baixo mínimos tras unha década de Goberno do PP.
“Once anos de Goberno de Feijóo sen política industrial teñen estas consecuencias porque cada vez hai máis empresas en crise ante un Executivo cruzado de brazos mentres se está destruíndo emprego. Que está facendo o presidente da Xunta para darlle unha alternativa aos traballadores e traballadoras de Noa Madera, ou que fai para darlle unha alternativa aos traballadores de ALCOA que están pechados? O que non podemos é permitir e que ante situacións como esta teñamos un goberno que non move un dedo e que non fai nada aparte de tirar balóns fora”, alegou a dirixente nacionalista e candidata á Presidencia da Xunta.