Ana Pontón coloca Euskadi como exemplo de como o autogoberno fai prosperar un País

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo este martes un encontro institucional co lehendakari Iñigo Urkullu, no que analizaron proxectos estratéxicos que desenvolve o Goberno vasco nunha xuntanza tras a que  destacou que Euskadi é un exemplo de como maximizando o autogoberno, de como confiando nas propias forzas e fuxindo do centralismo se fai prosperar un País.

“Euskadi é un exemplo de como o autogoberno é fundamental para avanzar, confiando nas propias forzas e potencialidades, sen supeditarse ao centralismo político de Madrid”, salientou Pontón, citando como exemplos a autonomía financeira ou a xestión directa do 100% dos recursos para establecer as prioridades de investimento.

Pontón e Urkullu tamén intercambiaron impresións en relación á situación política actual e sobre o papel das forzas nacionalistas, “fronte a involución democrática do centralismo”, considerou clave reforzar o BNG tanto no Estado como en Galiza.