Tras a reunión do Consello Nacional, a líder do BNG, Ana Pontón afirmou que: “Comezou a conta atrás do cambio galego, no que o PP representa o pasado e o BNG o futuro”.
A portavoz nacionalista definiu o próximo Debate de Investidura como “un cara a cara entre o futuro e o pasado, entre o BNG e Partido Popular, entre un proxecto con ideas claras, liderado forte e proxecto de país fronte unha política fracasada e un actor secundario produto da corrupción do Partido popular”.
O BNG, recalcou Pontón, vai ser a forza protagonista deste novo tempo. Haberá resistencias daqueles que queren que nada cambie. Pero a nosa capacidade, o noso traballo, o noso compromiso, a nosa vontade de poñer os intereses de Galiza sempre por diante, sempre primeiro, faranos capaces de superar os obstáculos.
Na súa intervención, Pontón cualificou de “estafa” a situación económica e criticou que o IBEX no ano 2021 obtivera 64.000 M€ de beneficios, dos que 11.050 foron para as arcas de Iberdrola, Narturgy, Endesa e Repsol. Estamos vendo, dixo, como se transvasan rendas do traballo e pensións ás multinacionais e “están tan subidos”, que xa non se cortan e insultan á cidadanía como fixo “indignamente” o Sr. Galán “chamando tontos aos clientes”, concluíu.