Neste sentido, a portavoz nacional do BNG, avanza que se obtén a confianza dos e das galegas para liderar o goberno do país tras o 12 de xullo, tomará dúas decisión inmediatas de reforzo do sistema público de saúde nos primeiros cen días: unha oferta pública de emprego para cubrir as 6.000 prazas vacantes na sanidade e un plan de reforzo urxente na atención primaria dotado con 200 millóns de euros. Pontón foi moi crítica co presidente da Xunta e candidato do PP que agora reclama a supresión da taxa de reposición, -aprobada polo Goberno de Raxoi-, e da que foi aplicado seguidor na sanidade galega á que deixa con menos profesionais tras dez anos de recortes, incluída a taxa de reposición que agora rexeita noutra mostra máis de cinismo político.
36