A punto de finalizar o ano, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volve dirixirse ós galegos e ás galegas cunha mensaxe de fin de ano na que fai un chamamento á confianza e ao optimismo nun momento en que os datos da pandemia son motivo de preocupación e obrigan a extremar a prudencia e os coidados. Pontón mostrouse convencida de que máis pronto que tarde o País vai superar esta situación grazas a unha cidadanía que ten demostrado resiliencia, honestidade e capacidade de traballo para superar as adversidades.