Ana Pontón defende un modelo eólico con participación pública

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Pontevedra nun encontro con colectivos, plataformas e entidades que, por todo o País, están loitando para mudar o ‘boom eólico depredador que promove o PP’ por un modelo no que o desenvolvemento da enerxía eólica se deseñe con criterios de xustiza económica, social e ambiental e desde o respecto ó medio rural. O Bloque defende unha estratexia alternativa para que a riqueza eólica xere riqueza e emprego no País, “para que actúe como factor de desenvolvemento económico de Galiza”, explicou, estratexia que pasa pola participación pública nos futuros parques eólicos, tanto da administración autonómica como da local, e tamén abrindo a posibilidade de implantar parques non só por parte do lobby eléctrico senón tamén a proxectos comunitarios e de autoconsumo enerxético. Igualmente, o BNG defende que os novos parques se vinculen á posta en marcha de proxectos industriais, reclamando que unha parte dos compoñentes se fabriquen en Galiza facilitando unha industria arredor da enerxía eólica e apostando pola innovación. Pontón insistiu en que o BNG “vai dar a batalla” para frear o boom eólico depredador e especulativo a favor dun modelo que entenda que o vento é dos galegos e das galegas e, por tanto, debe ter Galiza como principal beneficiaria, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?