46
A portavoz nacional do BNG Ana Pontón instou este sábado á mocidade galega a ser “o motor do cambio que Galiza precisa, un motor do cambio para ter voz propia e atender as necesidades do país, da man do BNG no Congreso”. Pontón fixo estas declaracións en Pontevedra, acompañada da cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Carme da Silva, nun acto con xente moza do colectivo Galiza Nova no que puxeron en común as políticas do BNG e “propostas, inquedanzas e soños” de cara aos vindeiros procesos electorais coa mirada posta nas eleccións xerais do 28 de abril.