Ana Pontón insta á Xunta un plan B en material de protección para os profesionais sanitarios

Foto.- bng.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reitera que a “centralización” das competencias de sanidade non funciona porque de ser parte da solución está a ser un problema. Pide recuperar a “plena capacidade de actuación da Xunta” para xestionar a crise sanitaria e trasladou ao goberno galego a necesidade de activar un plan B de compras de material para protexer ao persoal sanitario e avanza que, o BNG fará pública en breve unha batería de propostas sanitarias, económicas e socias na liña de facer fronte á crise do coronavirus. Pontón insistiu na necesidade de acometer medidas contundentes para dotar de material de protección a todo o persoal sanitario así como a realización de probas a todo o persoal e persoas usuarias das residencias de maiores, intervir as residencias privadas para unha “boa prestación” ante o repunte de casos detectados nos últimos días e activar un plan de choque para garantir as condicións sanitarias.