Ana Pontón: “Luís Pérez volverá ser o gran alcalde que Ribeira merece”

A popular Mariola Sampedro converteuse este luns na nova alcaldesa do municipio coruñés de Ribeira, tras prosperar a moción de censura promovida por Partido Popular e Partido Barbanza Independente (PBBI) para derrocar ao nacionalista Luís Pérez Barral. Tras o debate da moción e a votación que a proclamou alcaldesa, Sampedro tomou a palabra para manifestar o seu agradecemento tanto a «a súa familia, equipo e a toda a xente quérea e confía nela».

A portavoz nacional, Ana Pontón, afirmou en Ribeira que a “vergoñenta” moción de censura impulsada polo PP nesta localidade “é a constatación de que o BNG estaba facendo un excelente traballo e que Luís Pérez é un gran alcalde” e augurou que, tras demostrar como gobernar “a favor da maioría social”, o rexedor “volverá ser o gran alcalde que Ribeira merece”.

Pontón participou no acto de apoio a Pérez celebrado no auditorio municipal ribeirense, no que destacou o modelo de concello que sitúa ás persoas no centro posto en marcha polo goberno municipal liderado polo BNG, un modelo a favor da maioría que a moción de censura do PP quere frear “poñendo os intereses partidistas por riba de Ribeira”.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia