O BNG congregou en Santiago a un millar de cargos políticos, militantes e simpatizantes nun encontro nacional co que arranca a campaña electoral do 10N, nun ambiente cargado de optimismo que sintetizaron as persoas asistentes ao acto coreando reiteradamente o lema “desta vai”.
Así arrancou tamén a súa intervención a portavoz nacional, Ana Pontón, convencida de que hoxe son moitos máis os galegos e galegas que, con independencia do que votasen o 28A, saben que Galiza perde cando o BNG non está no Congreso, e por iso van aproveitar a cita coas urnas para recuperar voz propia no Estado da man do Bloque.
Críticas moi duras de Ana Pontón contra o presidente da Xunta por encabezar un goberno cada vez máis contrario os intereses do país. Pontón estivo precedida polas intervencións dos candidatos e candidatas cabezas de lista ao Congreso, Nestor Rego (A Coruña), Olalla Rodil (Lugo), Francisco García (Ourense) e Carme da Silva (Pontevedra).