- A líder nacionalista afirma que “desta vai, pero os escanos gánanse nas urnas, non nas enquisas”.
No mitin de Pontevedra, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo un chamamento á mobilización para chegar a todas esas persoas “desencantadas e cabreadas” coa inutilidade dunhas forzas estatais que persistiron na discriminación e no ninguneo a Galiza e que tampouco serviron para recuperar dereitos e liberdades, pois as contrarreformas laborais ou a Lei mordaza seguen vixentes.
A todas fixo un chamamento para concentrar no BNG o voto de país, das persoas que queren que “Galiza exista” no Estado e das que tamén queren unha axenda social e de dereitos, convencida de que “desta vai”. “Fai seis meses faltou un puñado de votos para recuperar voz propia en Madrid. Pero hoxe son moitos máis os galegos e as galegas que, votasen o que votasen o 28A, saben que Galiza gana se o BNG está no Congreso e temos que ser capaces de mobilizalas”, recalcou.