Ana Pontón pídelle á Xunta que invista máis diñeiro en educación

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo un encontro coa Federación de ANPA de Pontevedra e reclamoulle á Xunta un fondo para cubrir os gastos extraordinarios dos comedores e actividades de conciliación por mor da pandemia da covid-19. Emprazou a Feijóo a acabar “coa improvisación e a que asuma as súas competencias e responsabilidades en materia de Educación”.

Pontón acusou á Xunta de caer na improvisación e de demostrar “a súa falta de capacidade para xestionar esta crise, cun desleixo de funcións onde parece que a única preocupación é botar balóns fóra”. Deste xeito, preguntouse para que serve a Consellaría de Educación ao non ser capaz de asumir a súa competencia no inicio de curso. Así, emprazou a Feijóo a acabar “coa improvisación e a que asuma as súas competencias e responsabilidades”.