Ana Pontón posiciónase como a política galega máis valorada

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, é na actualidade a política galega mellor valorada. Así o confírma o Centro de Estudos Sociolóxicos (CIS) tras realizar unha enquisa entre o 8 e o 22 de setembro a 3.000 veciñas e veciños de 268 concellos galegos. O bo resultado de Pontón fundaméntase nunha moi elevada valoración por parte dos e das votantes do BNG (7,9), pero tamén entre os e as electoras de Galicia en Común (6,7) e do PSdeG-PSOE (5,8). Mesmo os e as votantes populares lle dan unha nota próxima ao aprobado (4,8).