Ana Pontón presenta «Xerar Futuro, Galiza Next»

O BNG presentou o programa, Xerar Futuro, Galiza Next unha proposta articulada arredor de 15 ámbitos prioritarios de actuación para mobilizar un investimento de 14.380 M€ en dez anos para saír da crise e para sentar as bases do desenvolvemento das próximas décadas.  Un orzamento que se nutriría dos fondos europeos de recuperación, -Next Generation-, pero tamén do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 da UE. Nese programa recóllese a proposta dos nacionalistas para que Galicia obteña o maior beneficio dos fondos europeos de recuperación. Segundo Ana Pontón, queren dar resposta aos retos aos que se enfronta Galicia, «uns retos acelerados pola pandemia».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha