Ana Pontón propón un confinamento de dúas semanas

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo ao Goberno galego poñer sobre a mesa a posibilidade dun confinamento domiciliario. Coida a líder da oposición que sería preciso aplicalo «se nos vindeiros días non se logra frear o ritmo de contaxios, hospitalizacións e falecementos». «A ninguén lle gusta o confinamento, é unha medida moi dura, pero hai que poñela sobre a mesa decontado se os datos non melloran de xeito substancial nos vindeiros días», coida Pontón. A líder do BNG pide «abandonar as medidas brandas e ir a un confinamento» acompañado de maiores axudas para os sectores afectados polos peches.