Ana Pontón propón un plan de rescate do sector da hostalería “á alemá”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propón un plan de rescate do sector da hostalería similar ao posto en marcha en Alemaña pola chanceler Angela Merkel, habilitando axudas inmediatas para compensar até o 70% das perdas rexistradas polos locais, axudas que deben estar en vigor tanto tempo como duren as restricións que, como no momento actual, supoñen ademais un peche encuberto.

Hai moitas persoas no sector da hostalería que están nunha situación crítica, -recalcou tras o encontro-, “e non é porque non saiban como manter en pé os seus negocios, senón como manter en pé as súas familias. Fai falta máis que declaracións de intencións, ten que haber axudas, un plan de rescate que debería pasar por compensar perdas, como fixo Alemaña, durante o tempo que duren as restricións á actividade”.

Neste sentido, Pontón pide a Feijóo, “que se poña as pilas e, cando vai ter mais recursos que nunca, -11.600 M€ de orzamento-, deben chegar á xente que peor o está pasando”, alegou. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha