Ana Pontón propón unha Axenda Urbana Galega para conseguir cidades sostibles e cohesionadas

bng.gal

A candidata do BNG a presidir a Xunta, afirmou que “É prioritario dotar a Galiza dunha axenda urbana propia adaptada a nosa realidade, realista, e que poña en marcha políticas testadas e probadas como as que está levando a cabo o BNG situando as cidades nas que temos responsabilidade de goberno como referentes de boas prácticas, primando a sustentabilidade e a calidade de vida das persoas”, explicou a candidata.

Entre os contidos desa axenda: reducir a contaminación de todo tipo, impulsar un modelo de calmado e de redución do tráfico sen que o uso do vehículo privado se converta nunha cuestión de discriminación en función do nivel de renda. Igualmente, aposta pola redución de gases de efecto invernadoiro,  por asentamentos urbanos en lugares cómodos e seguros e, na xestión de residuos, prevención, redución e reciclaxe.

“Defendemos cidades compactas que aposten pola cohesión social e a necesidade de reducir o consumo de enerxía e abordar o ciclo da auga”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha