Ana Pontón quere erradicar a violencia machista con máis recursos dos orzamentos

1 minutes read

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou este sábado na segunda mesa do programa «Pensar Galiza» onde se comprometeu a facer da igualdade o centro da actuación política, a destinar o 1% dos Orzamentos da Xunta a recursos contra a violencia de xénero, a incluír o ensino infantil no sistema público educativo gratuíto e a crear unha nova Lei de Igualdade.

Esta xornada estivo coordinada pola filósofa, escritora e feminista Carme Adán e contou con representantes dos ámbitos da igualdade, do feminismo e da diversidade sexual. No encontro participaron tamén Olalla Rodil, coordinadora da iniciativa «Pensar Galiza», e Goretti Sanmartín, portavoz do BNG no Concello de Santiago.