A portavoz parlamentar do BNG, Ana Pontón, reclamoulle no Pleno ao presidente da Xunta “que non escorra o vulto e traballe xa pola intervención pública da factoría de Alcoa para salvar o emprego e a actividade industrial na Mariña. Na súa intervención plenaria trasladoulles aos traballadores e ás traballadoras de Alcoa, das auxiliares e á xente da Mariña, todo o apoio, a solidariedade e a admiración. Pontón reclamou que a Xunta actúe xa para garantir a produción e salvar os postos de traballo e toda unha comarca. “Porque se pecha Alcoa, non só van á rúa mais de mil traballadores, asina a acta de defunción da Mariña”, destacou.