Ana Pontón reclama unha solución para As Pontes e a intervención pública en Barreras

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón instou a Feijóo a actuar ante a crise industrial que está afectando gravemente a Ferroatlántica, a Alcoa e as Pontes pero tamén a outros sectores como o naval. Pontón tamén asegurou que o Ministerio que dirixe Teresa Ribera debe mudar o modelo de política enerxética que actúa como “camicaze” contra os intereses galegos.

A portavoz nacionalista afirmou que a actual política enerxética iniciada polo Partido popular e continuada polo Partido socialista, “pon contra as cordas e en risco miles de postos de traballo”. Tanto o PP como o PSOE, explicou, son incapaces de poñer no centro os intereses galegos. Un PP que goberna a Xunta é que non fai nada para que os galegos e galegas nos beneficiemos da enerxía eléctrica que producimos e un PSOE que plantexa unha transacción enerxética errada poñendo nunha difícil situación ás Pontes e a súa comarca. Dende o BNG reclamamos “un plan industrial” semellante a de outros países como Alemaña. O proceso de descarbonización debe contar con este plan porque a outra alternativa é “o deserto industrial” para a comarca de Ferrolterra.

RESCATE PÚBLICO DE BARRERAS

Para Pontón, Barreras representa “o fracaso persoal de Feijóo” que no ano 2013 nos prometeu que PEMEX sería a “táboa de salvación do sector naval” e seis anos despois temos “aos socios de Feijóo imputados por corrupción en México, un estaleiro en crise, 30 industrias auxiliares afogadas por impagos e máis de 1.000 postos de traballo en risco”.

Dende o BNG exiximos á Xunta que deixe de escorrer o vulto e actúe coa “intervención pública, rescatando o estaleiro de Barreras para garantir o seu futuro” dixo Pontón.