A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este xoves que abre un “proceso de reflexión” persoal para decidir se opta á reelección para o posto na asemblea nacionalista do mes de novembro.
“Abro este proceso de reflexión con toda normalidade dentro do BNG para analizar cal é a achega que teño que facer”, expuxo Pontón ante os medios.
Esa decisión non afectaría o seu posto como gran referente do nacionalismo, que lidera no Parlamento galego tras o histórico resultado de xullo de 2020, cando bateu o seu récord de deputados con 19 actas, fronte ás 6 logradas en 2016.
Con todo, Pontón indicou que nin a organización nin os seus compoñentes poden caer “no conformismo, autocompracencia e na rutina”. Agora, “o BNG ten outra situación, outros retos e ten que seguir alargando a súa base social”, apuntou.
Dentro de poucas semanas sairemos de dúbidas, mentres que a militancia suspira porque Pontón renove o seu compromiso.