Ana Pontón: «Somos máis BNG que nunca»


Unhas horas despois de recibir o apoio da militancia, a nova Executiva Nacional do BNG mantiña a súa primeira reunión seguida dunha foto de familia e comparecencia da reelixida portavoz nacional, dun BNG máis forte e máis unido, que se fixa como gran reto liderar o Goberno de Galicia en 2024. “Somos máis BNG que nunca”, sintetizou a líder nacionalista, Ana Pontón.

Tras a reunión, afondou nos argumentos que esgrimiu ante o plenario da XVII Asemblea Nacional, marcando como reto a Presidencia da Xunta ensanchando a base social do nacionalismo para disputarlle a hexemonía ao PP, cun proxecto ganador capaz de chegar á maioría social.