Ana Pontón: “Son os orzamentos dun Feixóo que pensa Galiza en pequeno”


Para a líder nacionalista, estamos ante unhas contas públicas “inútiles” para saír da crise e afrontar os grandes retos que o País ten por diante, no económico, no social e no ambiental. Pontón tirou de datos para ir desmontando a versión propagandística difundida desde o Goberno popular. Para empezar, o orzamento nin é expansivo, nin histórico, pois descontados os 211 M€ do IVE de 2017 é inferior ó do pasado exercicio e, descontada, a inflación, hai 1.856 M€ menos que os dispoñibles en 2009. E isto, pese a que o Executivo de Feixóo triplicou a débeda, que hoxe é de 14.258 M€  e equivale ao 20,78% do PIB, fronte ao 8,6% de 2009. Pontón foi especialmente crítica coa política fiscal que recollen estes orzamentos, recriminando que Feixóo, a modo de “trumpismo” sen Trump, repita a vella receita de baixarlle aos ricos.