Ana Pontón suxire a alternativa do BNG aos decepcionados doutros partidos


O BNG volve ser a casa común do nacionalismo. É a mensaxe que a portavoz nacional do Bloque en plena fractura interna da esquerda rupturista. Con En Marea por unha banda e Anova fora das xerais, Ana Pontón fai un chamamento a todos aqueles nacionalistas que no seu día deixaron o BNG. “Temos un proxecto sólido, unido e aberto a todas esas persoas, efectivamente, esta é a casa común do nacionalismo, e aquí toda a xente que queira traballar para defender Galicia ten as portas abertas”, asegurou. En declaracións á SER, Pontón asegura que o BNG ten un proxecto sólido, cohesionado e unido no que teñen as portas abertas para traballar por Galicia. “Caracterízome por non entrar a valorar os problemas e as leas doutras organizacións políticas, quero ser moi respectuosa coas súas decisións, o que lles podo dicir aos galegos é que temos unha organización cohesionada e coa man tendida a todas as persoas que teñen a Galicia na cabeza e no corazón”.