Ana Pontón: “Un goberno do BNG garantirá a igualdade lingüística”


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, optou pola lingua como primeiro asunto para a sesión de control co presidente da Xunta, para denunciar que o galego é o único idioma de todo o Estado que perde falantes e que, tras trece anos de “decreto da vergoña”, estamos ante a xeración que menos galego fala, matizou. Pontón foi especialmente crítica co empeño do Goberno do PP en converter o galego “nunha lingua de segunda no ensino” e, neste sentido, denunciou que por primeira vez en democracia,  e por decisión do PP,  prohíbese o galego para ensinar matemáticas, física, química ou tecnoloxía. Por elo aseverou que, “Un goberno do BNG garantirá a igualdade lingüística fronte a un PP que lle rouba ás novas xeracións a liberdade de falar en galego”.