52
Ana Viqueira Casás, a nova coordinadora de UCIN no municipio de Ames, foi elixida por José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, quen non tivo “ningunha dúbida ao seleccionala para o posto”.
Ao longo da súa traxectoria no partido, Ana demostrou o seu compromiso inquebrantable coas siglas que representa e unha gran implicación na procura de solucións e na resolución das problemáticas que enfronta o Concello e as demandas dos veciños e veciñas.
Residindo en Milladoiro desde hai 25 anos e sendo nai de dous fillos, Ana Viqueira decidiu unirse a este proxecto de UCIN porque “creo firmemente que a prioridade en política debe ser o benestar da xente do pobo e non os intereses políticos”, puntualizou.