Andaina solidaria pola Ataxia en Camariñas

Ao redor de 160 persoas saíron este sábado 27 de setembro á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por ‘Con Ataxia pero Sin Límites’ coa colaboración do Concello. 

A andaina comezou no paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta. 

Ao remate houbo inchables, pinchos, callos e sorteos. Ademais, o evento contou cunha exposición de coches clásicos. 

Related posts

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza

O concurso de disfraces de Entroido da Laracha repartirá ata 5.000 euros en premios