Andaina solidaria pola Ataxia, este domingo en Camariñas


Este domingo Camariñas sae a rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a Ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos. O percorrido comezará na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final haberá un picoteo, actuacións musicais e inchables para os máis pequenos. Podes sumarte á andaina e colaborar co teu donativo solidario de 5€ en: http://www.inscribirme.com/ataxia