Andainas “Coñece a Costa da Morte 2019”


Comeza o programa “Andainas: Coñece a Costa da Morte”. Qué mellor xeito de coñecer, de descubrir, de percorrer cada recuncho do teu entorno que “pateándoo”. Así é cómo naceu este Circuíto de Andainas “Coñece a Costa da Morte”, que poñen en marcha varios concellos da comarca. Ríos, mar, montes, montañas, penedos, muíños, natureza… agárdante nesta serie de rutas de sendeirismo aptas para todos os públicos. Apúntate na 7ª edición do ciclo de Camiñatas por excelencia de la Costa da Morte, organizado polos Departamentos de Deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.Unhas andainas que superan os 300 participantes, sendo a meirande parte da zona. Cada xornada é unha festa do sendeirismo popular.

30/03/19 Cee, 06/04/19 Muxia, 13/04/19 Vimianzo, 04/05/19 Dumbria, 11/05/19 Camariñas, 17/05/19 Corcubión, 25/05/19 Fisterra, 01/06/19 Mazaricos, 08/06/19 Ponteceso.

Para participar na actividade é necesario anotarse no teu concello, ou se non es de ningún, en calquera dos concellos participantes. O prazo de inscrición rematará o xoves previo a cada actividade. Cada Concello, facilitará un autobús para o desprazamento dos sendeiristas sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. O programa de andainas é gratuito para os participantes. Recoméndase o uso de roupa e calzado axeitados para a actividade, así coma levar unha mochila con auga e un pequeno avituallamento para o percorrido.