Andalucía ordena o peche perimetral de Granada


A Junta de Andalucía ordena o toque de queda e o peche perimetral de Granada e a súa área metropolitana a partir do luns. A medida apareceu publicada a pasada media noite no Boletín Oficial da Junta de Andalucía. Isto adóptase logo de que este venres a taxa de incidencia acumulada chegara en Granada capital a 977 casos por cen mil habitantes. Ademais, a presión hospitalaria segue aumentando. O peche estará en vigor durante 14 días e poderá revisarse dependendo da evolución epidemiolóxica.